FOTOGALERÍA | O Magosto de Vilardevós ilumina o outono con festa, sabor e moita participación
16 de noviembre de 2025 (13:04 h.)
O magosto de Vilardevós, organizado pola asociación Os Chocalleiros, converteuse nun éxito rotundo malia o mal tempo previsto. Para garantir que a celebración se puidera levar a cabo, o evento trasladouse ao CEIP Rodolfo Núñez, unha decisión que permitiu reunir a unha gran cantidade de público nun espazo cuberto e cómodo.
A programación combinou churrasco, castañas asadas, música e un ambiente festivo que invitou a desfrutar dunha tarde-noite de convivencia en comunidade. Veciñanza de todas as idades achegouse para participar nun magosto cheo de sabor, calor humano e tradición.
Unha celebración que reafirma o valor social destes encontros e que xa se consolida como unha das citas indispensables do outono en Vilardevós.