FOTOGALERÍA | Segundo lume urbano, desta vez na Moimenta (Vilardevós)

FOTOS: Iván Iglesias.

Pouco despois das 12:15 horas eran alertados os servizos de emerxencia por un lume que acababa de declararse nunha palleira da Moimenta, no concello de Vilardevós. 

As lapas orixináronse nunha lareira do seu interior e rápidamente se propagaron ao teito da instalación, moi próxima a unha vivenda do mesmo propietario. 

Até alí se desprazaron unidades do parque de bombeiros do Consorcio Provincial con sede en Pazos (Verín) e tamén unha dotación de Protección Civil de Vilardevós, que acabaron contendo as lapas en pouco tempo.