FOTOGALERÍA | Nunca é tarde para abrir as piscinas municipais en Vilardevós

Os veciños de Vilardevós xa desfrutan das súas renovadas piscinas municipais, que abriron neste mes. Este restraso debeuse a que o Concello non atopaba un socorrista que permitise a súa apertura pola seguridade dos bañistas. Este profesional apareceu a finais do mes pasado e todo se puxo en marcha para a posta a punto das instalacións.  O alcalde, Manuel Cardoso, insitiu a principios deste verán que non ceserían na búsqueda dun socorritsta e así abrir as piscinas, "aínda que sexa só para un mes", asegurou.

Ademais, a veciñanza conta este ano cunhas piscinas renovadas despois das obras que se acometeron no pasado inverno. O obxectivo das melloras foi optimizar unhas instalacións que levaban moitos anos co mesmo estado e aproveitouse para reducir o tamaño do vaso principal, facilitando a tarefa de atopar un socorrista.

FOTOS: Iván Iglesias.