FOTOGALERÍA | As grellas non daban feito no magosto de Vilardevós!

Manuel Cardoso, o rexedor de Vilardevós, á esquerda da imaxe.
Un magosto é unha ocasión perfecta desfrutar da compañía de amigos dos de sempre.
)
A xente, sostendo a carpa inchable que comezaba a ceder por falta de subministro eléctrico.

Vilardevós foi outras das localidades que viviu intensamente unha xornada de magosto. A deste sábado comezou pronto, porque preparar comida a fartar para os centos de persoas que na Praza do Cruceiro se deron cita, precisaba de tempo. 

Unha vez máis, as grellas nas que se cociñaba o churrasco, os chourizos e a panceta causaron expetación entre os asistentes, que deron boa conta da cea do magosto. 

Amenizou a velada o dúo Estelar, que viu interrumpida a súa actuación por un pequeno incidente eléctrico que os deixou sen subministro, a eles e á carpa inchable que os protexía. 

Malia todo, pronto se recuperou a corrente eléctrica aos seus equipos e a noite de festa continou.