FOTOGALERÍA | O bo ambiente do magosto reuniu á veciñanza de Vilardevós
18 de noviembre de 2024 (11:13 h.)
Organizado pola asociación "Os Chocalleiros" o magosto celebrado o sábado en Vilardevós fixo quedar pequena a Praza do Cruceiro. Semella que toda a veciñanza asistiu a unha festa en comunidade na que se respirou un moi bo ambiente e que contou coa música do dúo "La hora bruja".
A empresa local "Castañas Rosendo", recoñecida comercializadora de castaña ecolóxica con sede en Progo, foi a encargada de poñer o produto estrela; pero non faltaron os chourizos e o churrasco acompañados co tradicional viño que se puido degustar nas cuncas de barro feitas para a ocasión.