FOTOGALERÍA | A veciñanza de Viana converte as súas rúas en Belén

FOTOS: Jainer Barros.

As rúas do Cabo de Viana do Bolo convertéronse este domingo nun Belén vivente, no que colaboraron dende os máis maiores ata os cativos. Este actividade de Nadal estivo organizada por varias asociacións do municipio, pola parroquia, a veciñanza e o Concello para festexar estas datas dun xeito diferente.

Na representación non faltaron tradicionais figuras como os Reis Magos, os anxos, labregos ou o Portal de Belén no que non estiveron presentes os seus principais personaxes, incluído o neno Xesús. Ademais, algún traballos artesanais estiveron presentes xunto co mercado e a pousada. As gaitas puxeron son a esta xornada de festa en Viana.