FOTOGALERÍA | A 54ª Festa da Androlla desborda Viana: 3.500 pezas do embutido rei para a maior mesa de Galicia

FOTOS: Iago Cortón.
El conselleiro de Emprego, José González, con el delegado de la Xunta en Ourense, Manuel Pardo, y el alcalde de A Veiga, Juan Anta.
El delegado de la Xunta en Ourense, Manuel Pardo. Frente a él, el presidente de la Deputación, Luis Menor Pérez.
Entre los asistentes también estaba el director xeral de Turismo, Xosé Merelles, en medio de Juan Anta (alcalde de A Veiga) y García-Ávila, alcalde de Viana.
El presidente de la Deputación de Ourense, Luis Menor, también asistió a la comida popular.
Álvaro Vila, secretario provincial de los socialistas oruensanos, siendo servido por una de las camareras.
José Ramón Gómez Besteiro, máximo responsable del PSdeG.

Non houbo sorpresas porque en Viana o éxito xa se dá por descontado, pero as cifras da 54ª edición da Festa da Androlla volven impoñer respecto. Este domingo, o pavillón vianés transformouse na maior mesa de Galicia para acoller a case 3.000 comensais, confirmando que o Entroido nesta comarca non só se vive co "fulión", senón que se saborea cunha potencia inigualable.

 

Un despregue gastronómico sen precedentes

Para dar de comer a semellante multitude, a loxística de Viana funcionou como un reloxo suízo. Sobre os pratos dos asistentes repartíronse as xoias da coroa do outono e inverno vianés:

  • 3.500 androllas, o embutido rei que dá nome á cita.

  • 3.500 chourizos para completar o menú tradicional.

  • 200 cordeiros asados no seu punto.

  • 1.500 botellas de viño para regar a xornada.

  • 200 bicas, o broche de ouro doce que non pode faltar no sur de Ourense.

 

O epicentro do poder político e comarcal

A relevancia da cita non pasou desapercibida para os representantes públicos. Viana volveu ser, por un día, o epicentro político da provincia e da comunidade. Entre o balbordo dos folións e o aroma do cocido, destacou a presenza do conselleiro de Emprego da Xunta de Galicia, José González; o director xeral de Turismo, Xosé Merelles; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid. 

Tamén esta o máximo responsable dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro

Xunto a eles, unha nutrida representación de parlamentarios autonómicos e numerosos alcaldes da comarca que non quixeron perderse o gran escaparate do orgullo vianés.

Tradición que non toca teito

Esta 54ª edición deixa claro que a Festa da Androlla goza dunha saúde de ferro. Máis alá dos números, o que se viviu este domingo foi a reafirmación dunha identidade. Coa música dos folións resoando nas vigas do pavillón e o reencontro de veciños e visitantes, Viana do Bolo demostrou, un ano máis, por que o seu Entrudio e a súa gastronomía son Patrimonio de Interese Turístico, que con Vilariño de Conso e Manzaneda, veñen de acadar a categoría de Nacional.