FOTOGALERÍA | Os nenos de Viana despídense da Ludoteca de Verán por este ano

A Ludoteca de Verán que organizou o Concello de Viana para favorecer a conciliación das familias nestes meses de vacacións escolares, rematou coa fin do mes de xullo. Durante tres semanas, máis de 50 cativos participaron nesta ludoteca na que fixeron moitas actividades como xogos, manualidades ou unha festa da espuma. Desde hoxe comezan co campamento de verán, que rematará o 19 de agosto.