FOTOGALERÍA | Centos de persoas cítanse en Viana para festexar o Domingo Gordo

Desfile polas rúas de Viana no Domingo Gordo. | FOTOS: Mónica G. Bellver.
O delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde de Viana, Andrés Montesinos; e Emma González, xerente do Inorde; estiveron na Festa da Androlla.
A Festa da Androlla acadou a súa 51ª edición.
O Entroido de Viana do Bolo viviu este domingo o seu día máis importante. A Festa da Androlla acadou a súa 51ª edición e regresou ao concello tras verse suspendida pola pandemia. Esta veterana cita gastronómica congregou a máis de 1.400 persoas para a súa degustación. Antes disto, o desfile de boteiros, de Viana e Vilariós, fulións e carrozas encheu as rúas da vila. As máscaras de Buxán e as mázcaras de Manzaneda tamén participaron ao ritmo dos fulións.