GALERÍA | Usuarios da N-532 entre a A-52 e Verín claman polo arranxo das fochancas

Chegan á nosa redación imaxes de como se atopa a estrada que comunica a autovía A-52, dende a rotonda de Queixás, coa vila de Verín, recopiladas por varios usuarios que a usan de xeito cotiá todos os días e que "estamos xa cansos de que non se arranxe unha vía de comunicación tan concurrida e que leva así dende hai máis de medio ano", din.  
A estrada presenta incontables fochancas, algunhas xa cunha considerable profundidade que obriga aos conductores a modificar a súa dirección para sortealas. Comenzaron sendo algunhas no primeiro dos tramos logo de se incorporar dende a A-52, na entrada de Queizás, e agora xa son visibles e sufribles mesmo na entrada da vila de Verín, no que son os derradeiros números da avenida de Portugal.