FOTOGALERÍA | Rueda, Caamaño e Menor inauguran as novas Urxencias, que abrirán este xoves

FOTOS: Noelia Caseiro.
Agustín Gallego exerceu de cicerone co presidente da Xunta e resto de autoridades.
A alcaldesa de Riós, saudando afectuosamente a Rueda Valenzuela.
Ana Villarino, rexedora de Oímbra, co presidente de Xunta.
Luis Menor, presidente da Deputación, saúda a Alfonso Rueda.
José Ramón Barreal, alcalde de Laza, co presidente.
A representación verinense do BNG estaba encabezada pola concelleira de Cultura Samanta Barreira.
Vicente Gómez estreita a man ao presidente da Xunta.
Rafael Pérez Vázquez, alcalde da Mezquita, saudando a Rueda.
Os concelleiros de Verín Manuel Lorenzo e Julio Viéitez.
Luis Menor, presidente da Deputación, con José Santiago Camba Bouzas, xerente da Área Sanitaria en Ourense.
A voceira popular en Vilardevós, Adriana Álvarez.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Manuel Pardo Cid, delegado da Xunta en Ourense, con Camba Bouzas e Gómez Caamaño.
Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín.
Guillermina Agulla, a directora do Hospital de Verín, na súa intervención.
O rexedor verinense, Gerardo Seoane.
Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia.

Non quedaba ninguén de todas as Administracións autonómicas e provinciais sen representar. Este martes 22 de outubro, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a práctica totalidade dos alcaldes da comarca deron por inaugurado o novo edificio de Urxencias do Hospital de Verín, no que o departamento autonómico investiu uns 4,7 millóns de euros e que triplica, practicamente, a superficie que arestora e até este xoves se destina a esta especialidade. 



O representante do estudo arquitectónico responsable do seu deseño afirmou que o novo edificio estaba pensando para facer máis confortable a pacientes e familiares o seu paso por este servizo, asegurando que "fixemos arquitectura para que tamén contribúa á sanación". 

Foi o lema que tamén quixo recalcar o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen salientou a aposta da Xunta por ofrecer "unhas instalacións sanitarias de primeira" a pacientes e profesionais, na que os hospitais comarcais de Galicia son unha peza clave ao garantir unha asistencia próxima e de calidade a todos os galegos. Neste liña, destacou que este tipo de centros ofrecen "moitos servizos" que ata "hai só uns anos" unicamente eran accesibles nos hospitais de maior tamaño.

O presidente lembrou que a Xunta ten en marcha a maior transformación das infraestruturas hospitalarias na historia de Galicia con grandes proxectos nas cidades, pero tamén no rural e no interior da comunidade. Por iso, nos orzamentos do vindeiro ano increméntase case un 5% a partida para mellorar os hospitais e centros de saúde ata chegar a preto dos 270 millóns de euros. Entre as melloras para os hospitais comarcais no 2025 se inclúen, entre outras, a renovación de todos os ecógrafos.

Antes de Rueda, falaron a directora do hospital, Guillermina Agulla, quen fixo unha decidida defensa do persoal do centro que dirixe, do que dixo que "tenemos unos profesionales que se vuelcan totalmente para que este hospital funcione como uno de los mejores". 

E tamén o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quen comezou a súa intervención dando as grazas ás administracións implicadas: "Para nós esta obra é algo fantástico e que non permite ningún tipo de pero". E lembrou o momento da construción do hospital, que "para Verín foi unha transformación social moi importante. Aquela xente que veu ao principio, agora xa está integrada na nosa sociedade e é xente apreciada, moi apreciada por todos"; para rematar cunha petición tanto ao presidente como ao conselleiro de Sanidade: "Coiden a este persoal porque son moi boa xente".