Foi unha tarde tímida a de onte, poida porque aínda as ganas de desfrutar dun pincho nunha terraza se ven coartadas polo medo a saír e volver con compaña vírica. Con todo, non faltou quen quixo xa saborear os primeiros pinchos deste xoves, o primeiro da fase 2 da desescalada.