"Tarrío", Sonia Conde e Ana Fernández, os derradeiros protagonistas do Entroido 2020 de Verín

Emilia Somoza (Cultura); Diego Lourenzo, tenente de alcalde; Almudena González, filla de Tarrío; María Luísa Castro, muller do "Pescadilla"; Julio Viéitez (Servizos Públicos); Gerardo Seoane, alcalde; Sonia Conde e Ana Fernández, premiadas; Elena Rodríguez, "a raíña"; Manuel Lorenzo (Feiras) e Luis Álvarez, Don Carnal. | FOTO: Carlos Montero.

Agora xa si, rematou o Entroido 2020 do Concello de Verín. A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final á grande festa de Verín cun xantar popular, no restaurante "Brasil" da vila, no que participaron todos os integrantes das diferentes comparsas que luciron o pasado Domingo Gordo. Ao rematar o mesmo, fíxose entrega dos galardóns de Honra, "Pescadilla" e Fidelidade; así como dos agasallos conmemorativos.

Os premios foron os seguintes:

- Premio Cigarrón de Honra: Sonia Conde.

- Premio "Pescadilla": Antonio Valeriano González Tarrío (a título póstumo).

- Premio Fidelidade: Ana Fernández, que encarnou coma ninguén á Súa Santidade no desfile deste ano 2020.