Escolle os "trends" de tempada e luce un estilo único con Abeloura Boutique

En "Abeloura Boutique" encontrarás prendas para destacar en cualquier evento. | FOTOS: Noelia Caseiro.

Maite Pérez Álvarez decidiu coller o relevo dunha das boutiques emblemáticas de Verín cando chegou o momento da xubilación da anterior xerencia. Logo de levar traballando no local durante 12 anos, tiña claro que sería ela quen lle dera continuidade a unha boutique que viste ás mulleres da bisbarra dende hai décadas. Nace Abeloura Boutique

A renovación do local creou un ambiente sereno e amable que recibe ás clientas cheo de luz para darlle protagonismos as prendas. Dende vestidos de festa ata a roupa máis casual para o día a día, Abeloura Boutique segue a mesma filosofía: promover marcas de moda española para vestir ás súas clientas con prendas de calidade e lucir un look perfecto en calquer evento.

Coa apertura de Abeloura Boutique, Maite Pérez amplía o catálogo de estilos, ofrecendo moda para ceremonia e prendas xuvenís que vistan ás mulleres da contorna coas últimas tendencias e elegancia. Marcas como Sonia Peña, Nati Jiménez, Olimara ou Anna Moon, con deseños de ceremonia que proporcionan un estilo único e un look ideal para ser a convidada perfecta.

En Abeloura Boutique encontrarás roupa e complementos para lucir un estilismo ideal. Calzado, bolsos, fulares, pendentes... todo o que necesitas para completar o teu outfit esta tempada. Se queres vestir coas últimas tendencias, Maite Pérez te asesora e, hoxe, cóntanos que triunfa esta tempada: "Este ano son tendencia os estampados florais, o estilo mariñeiro coas raias que sempren triunfan, volve moito a moda vaqueira, os vestidos frescos e plisados e, sobre todo, o estilo midi e moita manga tres cuartos".

Visita o local na rúa Lisa de Verín, de luns a sábado en horario de mañá e tarde; escolle o teu look e lembra que, se as túas prendas necesitan calquer arranxo, en Abeloura Boutique te ofrecen o servizo de modista para adaptar calquer peza ó teu corpo.  

Abeloura: milfurada, hipérico ou herba de san Xoán. Maite Pérez é de Servoi... e a herba de san Xoán é unha homenaxe á súa aldea, ás súas tradicións e ó seu pai. Dun sentir amor, respecto e honra toma o nome Abeloura Boutique.