NOTICIAS VERÍN | O ratiño Pérez xa está na vila!

O ratiño Pérez chegou cedo esta mañá ó Auditorio de Verín. | FOTOS: Jainer Barros.
O alcalde, Gerardo Seoane; o ratiño Pérez, Antonio Justo, xerente da Fundación Dentalnova; e Raquel Queizás.
Gerardo Seoane concedeulle un recoñecemento especial ao ratiño Pérez.

O ratiño Pérez xa chegou a Verín para visitar aos máis cativos, grazas ó Concello e á Fundación Dentalnova. Durante o vindeiro mes, morará na vila e hoxe fixo a súa primeira parada no Auditorio de Verín, onde lle deron a benvida.

O alcalde, Gerardo Seoane, e Antonio Justo, xerente da Fundación Dentalnova, encargáronse de recibilo xunto a os pequenos escolares. Ademais, a contadora de contos local Raquel Queizás non se perdeu a oportunidade de compartir escenario co ratiño Pérez.