NOTICIAS VERÍN | PSdeG e Partido Popular aproveitan a feira para pedirlle o voto ós veciños de Verín

Rafael Rodríguez, Valentín González e Marina Vaz, xunto a outros compañeiros socialistas achegábanse á veciñanza para pedilo voto. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Valentín González xunto ó alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez.
Lara Da Silva xunto a Ana Belén Vázquez animaban á xente a votar a favor de Feijóo.
Lara Da Silva con Celso Delgado.
Algúns admiradores achegáronse ós populares para pedirlles unha foto.

Este martes, o PSdeG-PSOE de Galicia e o Partido Popular saían ás rúas de Verín, aproveitando a afluencia veciñal debido á feira do día 11, para pedirlle o voto ós verinenses de cara ás proximas eleccións xerais o vindeiro 23 de xullo.