NOTICIAS VERÍN | ¿Chivite ou Broadway?: exitosa estrea da historia dos musicais do instituto verinense
01 de octubre de 2022 (09:43 h.)
Durante un par de horas, exalumnos, mestres, nais e pais lembraron, da man da documentalista verinense Sabela Domínguez Souto, como foi o seu paso por unha das experiencias máis aclamadas na última década do Instituto de Bacharelato Xesús Taboada Chivite: os seus musicais.
A idea orixinal de David Rodríguez Rivada pronto convenceu, alá polo 2013, a alumnos e corpo directivo. Comezaba a andaina que só pudo atallar, que non derrubar, unha pandemia global.
Este venres, da man de Domínguez Souto, lembraron, todos, os mellores momentos das gravacións da media ducia de musicais producidos entre as paredes do Taboada Chivite.
Xa se oen, de lonxe, notas do La La Land. As estrelas volverán brilllar na vila dos musicais, en breve.