FOTOGALERÍA | Unha mañá de música, Maios, feira e polbo neste primeiro de mes

FOTOS: Noelia Caseiro.
A Banda de Música do Conservatorio ofreceu o seu xa tradicional concerto dos Maios.
FOTOS: Iván Iglesias.
Perfecto Feijóo non quixo perder a celebración dos Maios.
A ANPA do Conservatorio de Música estivo representada.
Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, de AEVER.
O posto de venta da familia Pato, co libro do homenaxeado esta fin de semana.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso deixouse ver pola feira solidaria.
O rexedor, Gerardo Seoane, visitando os Maios.
Chelo Ferreiro, do centro de día Solleira, co alcalde.
O concelleiro Julio Viéitez.
Edelmiro de Mateo, autor do libro sobre Gómez Pato.
"Fan - Fan" e Gerardo Fernández.
O busto de Gómez Pato presidía a entrada á Feira Solidaria.
Merche e Chelo, do centro de día de Verín, co Maio elaborado polos usuarios.
Aínda que cara a primeira hora da mañá a asistencia facíase de rogar, a medida que o sol ía quentando comezou a chegar a xente ás prazas García Barbón e Alameda. 

A oferta: unha decena de postos de venta da feira solidaria, a atracción dos comerciantes da vila para os máis pequenos a prol dos refuxiados ucraínos, os Maios a carón da fonte da Alameda e un posto de polbo con pan e viño gratuítos xentileza do consistorio. 

A banda de música do Conservatorio de Verín, no seu xa clásico concerto dos Maios, pechou a xornada matutina.