As imaxes da gala pola igualdade do CMUS

Entre os asistentes, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.
Lara Da Silva, Diego Lourenzo, Ana María Villarino Pardo e José Ramón Barreal.
Eduardo Castro, avó de Iria e Mireia Castro, recibiu emocionado o presente para as súas netas, homenaxeadas este sábado.
A concelleira de Persoal do Concello de Verín, Rosario Rodríguez, botándolle unha man ás pequenas presentadoras.
O rexedor verinense, Gerardo Seoane, co dúo Caamaño e Ameixeiras.
Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra; Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín, con Eva Barrio, alcaldesa de Riós.
Os membros da directiva da ANPA coas dúas músicas convidadas á gala.
Foi un sábado no que a música foi a grande protagonista, pero tamén a muller. Interpretacións de alumnas do Conservatorio, emotivos discursos dos membros da ANPA e autoridades políticas, a entrega dun recoñecemento a dúas irmás concertistas en prestixiosas orquestras europeas e un extraordinario concerto de música tradicional adaptada ao acordeón e o violín das virtuosas Caamaño&Ameixeiras; resumen as case dúas horas de gala que o obxectivo de Miguel García recolleu para nós.