GALERÍA | Castrillo non se toca... E tampouco Sonia nin o Viñán!
30 de noviembre de 2020 (15:10 h.)
Medio milleiro de verinenses arrouparon ao doutor Castrillo na concentración organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei diante das portas do hospital de Verín. Esta mañá, cando se cumpría un ano da multitudinaria manifestación do "Verín non se pecha", na vila volveuse a ouvir o lema que obrigou á Xunta a recuar e que agora, de xeito indirecto, está a custarlle un expediente disciplinario ao xinecólogo palentino.