GALERÍA | Última e concorrida feira de agosto en Verín

Feira do 23 de agosto en Verín. | FOTOS: M. D.
Como cada día 23 celébrase na vila a última feira do mes. Desta volta trátase da última do mes de agosto, tempada na que Verín recibe máis turistas e na que aumenta a súa poboación de maneira salientable. Isto foi notable no mercado desta mañá, no que visiblemente se apreciaba unha maior afluencia. As boas temperaturas e o inicio de semana tamén favorecen este incremento, que nas vindeiras feiras xa se verá reducido pola marcha da maioría dos visitantes a comezos do mes de setembro.