GALERÍA | A primeira feira en Verín post COVID-19 con "algo xa de todo"

FOTOGRAFÍA: Noelia Caseiro.
A vila recupera pouco a pouco a normalidade previa ao 14 de marzo deste denostado 2020. Aínda así, as feiras tardarán en ser o que foron. Hoxe tivo lugar a terceira dende que se entrou na desescalada, na que xa se permitían postos de roupa e calzado. Os feirantes, aínda que non todos, respectaron as medidas de hixiene colocando desinfectantes nos postos. O que si non foron capaces de impedir é que a xente se achegase máis do debido para rebulir. Había ansia de feira.