GALERÍA | O deterioro estético das galerías comerciais de Verín, en imaxes

Interior das galerías Maga. | FOTO: Iván Iglesias
Interior das galerías sitas na estación de autocares de Verín. | FOTO: Iván Iglesias
Cristaleira lixosa nun dos locais baleiros. | FOTO: Iván Iglesias
Local comercial con lixo. | FOTO: Iván Iglesias
Cartel informativo en pesetas. | FOTO: Iván Iglesias
Galerías da rúa maior. | FOTO: M. D.
Electrodomésticos fóra de servizo nas galerías Zagros. | FOTO: M. D.
Galerías San Miguel, unha das mellor coidadas da vila. | FOTO: M. D.
Local baleiro nas galerías El Centro. | FOTO: M. D.
Local baleiro na entrada das galerías Puerta de Madrid. | FOTO: M. D.
Exterior do hotel e restaurante Aurora, na avenida de Luís Espada. | FOTO: M. D.

Se o peche de establecementos comerciais en Verín xa estaba á alza antes da pandemia, estes meses de crise sanitaria incrementaron aínda máis este número. Para moitos, supuxo un impedimento das fontes de ingreso locais e, por iso, varios comercios e galerías botaron a chave definitivamente.

Moitos destes locais, senón a maioría, mostran agora a súa peor versión. Fachadas descoidadas, vidrieiras lixosas e cháns con varias capas de residuos, acumuladas dende hai moito tempo atrás.