GALERÍA | Devoción, ofrendas e chuvia no día da Virxe dos Remedios

O Santuario dos Remedios, en Vilamaior, no día grande da Virxe. | FOTOS: M. D.
A Policía Local velaba pola seguridade e polo cumprimento das medidas sanitarias.
Primeiro tivo lugar a misa solemne para máis tarde celebrar a procesión.
A Coral de Verín amenizou a velada.
Moitas persoas tiveron que quedar fóra porque a igrexa tiña o aforo completo.
Non quixo faltar o alcalde do concello de Verín, Gerardo Seoane.
Devotos escoitando a misa dende o exterior a través dos altavoces.
Parecía que a chuvia dera unha tregua pero na metade da misa, houbo que sacar de novo os paraugas.
Toda a familia ía preparada para a chuvia.
A procesión da Virxe ao remate da misa.
Toda a procesión estivo acompañada dos cánticos do arcipreste de Verín, don Óscar Martínez.
Dentro do recinto, podíase desfrutar dunhas boas tapas de polbo ou carne.
Como cada 8 de setembro, o concello de Verín celebra o día da Virxe dos Remedios que concentra, no seu Santuario de Vilamaior, a centos de devotos que lle renden homenaxe na misa solemne e na procesión. Nin a chuvia desta mañá nin a pandemia lograron impedir que os fieis se achegasen a celebrar esta xornada, á que tamén acudiu o alcalde do municipio, Gerardo Seoane.