GALERÍA | Escaparates que meten medo

Este ano haberá que agardar para ter nova noite de medo. O Concello de Verín optou por non organizala coma noutras ocasións. Malia todo, algúns establecementos -poucos para todos os que hai na vila-, decidiron non deixar pasar a oportunidade de decorar o seu interior e os escaparates cos motivos propios da festa de Samaín ou Halloween, para os menos profundos e máis angloesféricos. 

Merece a pena percorrer as rúas, atopalos e comparar o inxenio dos que non tiran a toalla e procuran novos xeitos de promover o comercio local. 

Para todos eles, os que o tentan, a nosa homenaxe e promoción de xeito, esta vez, gratuíto