FOTOS | Así será o novo edificio de urxencias do Hospital de Verín
13 de enero de 2022 (18:47 h.)
Nestas infografías que traslada o Servizo Galego de Saúde podemos ver o lugar que ocupará o novo edificio do centro sanitario que albergará o PAC e o servizo de urxencias. Tamén nos ensinan o seu aspecto exterior a través da súa entrada, o reparto dos 1.500 metros cadrados que ocupará a construción e cómo será o seu aspecto por dentro. De xeito paralelo acometerase unha mellora enerxética do conxunto do hospital. O orzamento da obra ascende a 2,4 millóns de euros.