FOTOGALERÍA | Unha mañá inesquecible coas forzas da orde no campamento e na ludoteca de Verín
14 de julio de 2025 (15:16 h.)
Este luns 14, os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín gozaron dunha xornada moi especial coa visita da Garda Civil. Axentes do SEPRONA, do Equipo PEGASO e do Grupo de Cabalería achegáronlles aos máis pequenos a súa labor diaria, combinando aprendizaxe e diversión. A través de actividades lúdicas, coñeceron a importancia do coidado do medio ambiente, a prevención de incendios forestais e mesmo puideron ver de preto motos, drons e cabalos. Un encontro inesquecible que deixou moitas caras de sorpresa e ledicia.