FOTOGALERÍA | O voluntariado tingue Verín dun laranxa solidario e imprescindible
28 de junio de 2025 (13:22 h.)
O Concello de Verín acolleu este sábado 28 a IX Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil, unha cita que reuniu a integrantes de todas as agrupacións da provincia de Ourense.
O encontro serviu para reforzar vínculos e recoñecer o labor do voluntariado na seguridade e protección cidadá. No acto participaron o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, entre outros.