FOTOGALERÍA | Entroido Infantil: Verín vibrou con xogos e disfraces mentres o Folión d@s Nen@s marcou o ritmo en Laza
04 de marzo de 2025 (13:22 h.)
Os nenos e nenas de Verín e Laza demostraron que a tradición do Entroido está en boas mans. Entre xogos, disfraces e o son do folión infantil, o espírito da festa contaxiou a todos.
O Pavillón de Verín vibraba onte coas risas e disfraces dos máis pequenos, nun Entroido Infantil cheo de música e xogos. En Laza, o folión infantil do xoves marcou o ritmo.
Dúas formas de celebrar un mesmo sentimento. O Pavillón de Verín converteuse nun mundo de fantasía para os máis pequenos e as máis pequenas mentres Laza celebraba o seu Folión d@s Nen@s, demostrando que o Entroido é cousa de todos e que se vive con paixón dende a cuna.