FOTOGALERÍA | E o Amaro e o Princesa fixeron o seu desfile de Entroido

Desfile infantil de Entroido do CEIP Amaro Refojo polas rúas do casco vello. | FOTOS: Cedidas.
Desfile infantil de Entroido no CEIP Princesa de España. | FOTOS: Cedidas.

A borrasca Karlotta non foi quen de estragar o Entroido de Verín... algún cambio a última hora, pero os festexos foron multitudinarios. Pois ben, a cativada de Verín tampouco estaba disposta a perder o seu momento estrela do Entroido, o desfile infantil.

Así que, onte organizaron os seus propios desfiles. O alumnado do CEIP Amaro Refojo botouse ás rúas para lucir os seus disfraces nunha comparsa circense que percorreu o casco antigo da vila. Mentres no CEIP Princesa de España desfilaban no patio da escola coa compaña dun dragón.