FOTOGALERÍA | O deporte feito arte coa ximnasia rítmica

Nesta edición, a Gala de ximnasia rítmica celebrouse no Pavillón polideportivo. | FOTOS: Noelia Caseiro.
O equipo de Celanova sorprendeu co seu exercicio e vestiario.
As peques de Maceda forman un dos equipos convidados nista edición.

Non cabe dúbida, a ximnasia rítmica é un arte. É un pracer ver o espectáculo que ofrecen as e os ximnastas cando saen ao tapiz e, utilicen ou non aparatos, demostran destreza, flexibilidade, ritmo e musicalidade cos seus movementos acompasados.

Ben o demostraron o sábado en Verín as 79 rapazas e 1 rapaz que cos seus saltos, rotacións, equilibrios e flexións demostraron a fermosura da combinación de elementos da danza, a ximnasia e o teatro.

O Pavillón de deportes acollía a terceira Gala de Nadal do Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín, con equipos da vila e de Maceda e Celanova.