FOTOGALERÍA | A cativada da ludoteca de Verín aprende xogos populares cos maiores de Solleira

Maiores e pequenos compartiron xogos e risas na xornada de convivencia. | FOTOS: Noelia Caseiro.

Non hai máis que ver as caras de felicidade para comprobar que a xornada de convivencia interxeracional entre as persoas usuarias do centro de día e da cativada da ludoteca do Concello de Verín foi todo un éxito.

Unha oportunidade para que os pequenos coñeceran e aprenderan os tradicionais xogos populares da man duns maiores que estaban gozando da compañía.

Xuntos, na Alameda de Verín, aproveitaron as horas da mañá para sentir a compañía e o cariño que a cativada lles agasallou.