FOTOGALERÍA | Verín... Nin se pecha nin esquece

Algunhas das pancartas que percorreron as rúas de Verín. | FOTO: Anabel G. Simón

As imaxes, unha vez máis, volven a falar por si soas. O espíritu do Verín Non Se Pecha daquel 30 de novembro de 2019 segue vivo e esta tarde do 11 de febreiro de catro anos despois así quedou de manifesto. 

A Praza García Barbón volveuse a encher para reclamar, neste caso, máis pediatras para o centro de saúde.