FOTOGALERÍA | Unha noite de Compadres por todo o alto

As mulleres tamén participaron nunha noite que xa non é só de homes. | FOTOS: Anabel G. Simón
O Maragato de camiño á Praza García Barbón.
A Charanga Támega animando as rúas de Verín.

A festa dista noite demostrou que a celebración de Compadres cada vez é máis multitudinaria. Un festexo que xa non é só cousa dos homes, centos de mulleres saíron ás rúas de Verín vestidas con gabáns e chapeus. Tras dous anos sen esta festa, a noite de Compadres volveu máis forte que nunca. Maiores, mozos, homes e mulleres, uníronse con un só fin: rir, bailar, festexar e vivir o Entroido de Verín porque é o momento.

Un ano máis, o Maragato estaba preparado para a súa queima nunha noite no que o lume e os petardos son os protagonistas. Logo das palabras dedicadas por Ernesto López ós Compadres, comezou o xuízo do Maragato para rematar deixando como vestixio da festa as súas cinzas. 

As rúas enchéronse de música e baile ó ritmo da charanga Támega, encargada de quecer motores mentras a procesión chegaba ata a Praza García Barbón. Alí, a verbena correu a cargo da Discomóbil Enjoy. Tendo en conta como foi a noite e as ganas que da veciñanza de celebrar o Entroido de Verín, o ano que vén os Compadres van ter que prepararse para unha gran foliada entroideira.