FOTOGALERÍA | Terroríficos escaparates e interiores no comercio local de Verín

Así reciben aos usuarios no centro de día Solleira. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
En Dentalnova, unha das súas pacientes chegou en vasoira.
Na rúa Lisa tamén hai escaparates que meten medo.
E a rúa Maior tampouco defrauda.
Interior de Pato Joyeros, na rúa Maior 3.
Sairás degolado desta barbería?
É de louvar o esforzo de moitos comerciantes de Verín que non deixaron pasar a oportunidade de decorar os seus escaparates ou establecementos con motivos alegóricos á celebración do vindeiro 31 de outubro, a de Samaín (ou Halloween para os máis anglosaxóns). 

Velaquí unha pequena escolma dalgúns deles. Aínda que é moito mellor saír á rúa a comprobalo e, xa de paso, mercarlles algo como recompensa á súa dedicación.