FOTOGALERÍA | O CEIP Princesa de España celebra o Samaín con historias de meigas

FOTOS: CEIP Princesa de España.
O CEIP Princesa de España comezou a semana con actividades para festaxar o Samaín. Os pequenos de Educación Infantil asistiron a unha sesión de contacontos da man dalgúns alumnos de sexto de Primaria. Os maiores contáronlles historias terroríficas de meigas e rapaces coas que se divertiron moito.