FOTOGALERÍA | O Colexio Mercedario "vive" a experiencia do Camiño de Santiago

Alumnos e profesores do Colexio Apostólico Mercedario remataron a experiencia de peregrinar polo Camiño de Santiago, que comezaron o pasado 12 de outubro. Este domingo, os rapaces chegaron ata a Praza do Obradoiro, punto final desta travesía que se iniciou en Sarria.

Os estudantes, acompañados por varios profesores, fixeron catro etapas con paradas en Portomarín, Palas de Rei, Arzúa e O Pino, entes de chegar á capita galega. Ata a Catedral de Santiago chegaron as rapaces portando unha pancarta na que se podía ler o lema "Vivindo o Camiño". Unha vez acadada a meta, os participantes sentiron a "emoción" de chegar ó Obradoiro todos xuntos, a "satisfación" de cumplir a meta, o "gozo" de vivir esta aventura e o "desexo" de que, dende o centro, repetirán a actividade no vindeiro curso.