FOTOGALERÍA | A ludoteca de Verín fomenta a igualdade entre os cativos

Os rapaces que participan na ludoteca de Verín, actividade que organiza o Concello de Verín para facilitar a conciliación familiar, contou hoxe cunha xornada de fomento da igualdade entre homes e mulleres.

A Biblioteca Municipal e o CEIP García Barbón foron os lugares onde os rapaces fixeron manualidades mentres se lles explicou a importancia de acadar unha sociedade igualitaria para todas as persoas. Coas súas pegadas moradas, os nenos deixaron un mural no colexio co lema "Construíndo un futuro en igualdade".