FOTOGALERÍA | Éxito das Xornadas de Novela Negra coa participación de 1.600 persoas

A participación das voluntarias da Biblioteca de Verín nas xorndas pón en valor o proxecto de voluntariado da entidade cultural da vila. | FOTOS: Anabel García Simón.

Ó longo de dous días, a quinta edición das Xornadas de Novela Negra acolleron a participación de 1.600 persoas; unha cifra que consolida o éxito dista cita cultural organizada pola Biblioteca Municipal de Verín. Se ben o sábado foi o día con maior concurrencia de público, cabe subliñar a participación de 156 escolares na actividade programada para os centros educativos.

Dende a dirección da Biblioteca Municipal agradecen a fidelidade do público e salientan "o gran esforzo e apoio mostrado por todos e todas os voluntarios, colaboradores e patrocinadores". É ben sabido que a Biblioteca de Verín conta cunha rede, ben asentada, de voluntariado que participa en cada unha das actividades que se desenvolven dende a entidade cultural da vila. Como ben sendo habitual, as conferencias foron presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización ó proxecto de voluntariado.

Esta edición das Xornadas de Novela Negra levou por título “Back in Black”, indicando que Verín voltou ó negro pero, desta vez, cunha vinculación especial ó mundo da música que ficou de manifesto co concerto dado por dous dos escritores que participaron nas xornadas. Emilia Somoza, concelleira de Cultura, felicitaba á organización dun evento "que xa é un dos máis importantes da completa axenda cultural verinesa".