Alumnado do IES Castro de Baronceli participaba estes días nun intercambio con alumnado do Instituto Monte Carrasco de Cangas para fomentar o uso do galego. Unha enriquecedora iniciativa que promove a lingua galega e o coñecemento do patrimonio cultural e histórico das dúas localidades.
O alumnado do Instituto Monte Carrasco visitaba Verín o pasado 18 de maio. Unha viaxe na que coñeceron o castelo de Monterrei, o patrimonio maila historia da vila do Támega e degustaron as augas de Cabreiroá nun encontro que favoreceu o intercambio de experiencias e coñecementos.
Esta semana foi a quenda do alumnado do IES Castro de Baronceli. Visitaron Cangas para descubrir algúns dos lugares máis singulares da localidade; cun percorrido que incluiu a fábrica Massó, o mirador da caracola en cabo Home ou o Facho de Donón. O xantar na praia de Menduíña permitiulles gozar dun baño e de actividades deportivas e antes de voltar cara Verín.
Ó longo das xornadas de convivencia, estudantes de ambos centros tiveron a oportunidade de coñecerse en persoa; logo de manter durante o curso comunicacións en galego a través do correo electrónico e as redes sociais. A iniciativa, promovida polos equipos de dinamización da lingua galega de ambos centros, xurdiu do instituto cangués, que escoulleu o centro de ensino de Verín pola alta porcentaxe de alumnado galegofalante.

Degustando as augas de Cabreiroá

Foto de grupo antes de regresar a Verín

Foto de grupo no castelo de Monterrei

Na fábrica de Massó

Na fábrica de Massó

Na fábrica de Massó

Na praia de Menduíña

No alto da torre do homenaxe no Castelo de Monterrei

No mirador da Caracola

No patio das damas do castelo de Monterrei

Subindo cara o castelo de Monterrei
