FOTOGALERÍA | Xornada de xogos, risas e convivencia interxeracional en Solleira
23 de julio de 2025 (09:20 h.)
Os maiores do Centro de Día Solleira de Verín recibían este martes a visita da cativada da Ludoteca do CDR Portas Abertas. Xuntos desfrutaron dunha xornada de actividades ao aire libre pensadas para fomentar o xogo, a creatividade e a convivencia entre xeracións.
Durante a mesma, pequenos e maiores compartiron espazos e experiencias a través de xogos tradicionais, dinámicas en grupo e moita complicidade. O encontro serviu non só para fortalecer lazos, senón tamén para crear momentos únicos nunha contorna participativa e acolledora.
Este tipo de actividades amosan a importancia de seguir promovendo espazos comunitarios onde se valore a diversidade, o respecto e o tempo compartido.