FOTOGALERÍA | XIV edición da Romaría das Letras do IES Castro de Baronceli

FOTOS: IES Castro de Baronceli.
A presentadora do Dígocho Eu, Esther Estévez.
Esther animouse a participar na foliada do instituto.
A xornada rematou cunha carreira en favor de Save The Children.

Unha carreira solidaria puxo fin, logo da foliada tralo xantar, á XIV edición da Romaría das Letras do IES Castro de Baronceli. Antes, alumnos e mestres participaron no festival poético - musical, cunha convidada de excepción, a comunicadora verinense Esther Estévez, presentadora do exitoso espazo que a TVG adica á lingua galega: "Dígocho eu". 

A verinense recibiu unha cálida acollida e tivo a oportunidade de descubrir o cartel que xa lle dá o seu nome a unha das aulas do centro escolar. É a segunda comunicadora da TVG recoñecida polo IES. A primeira fora a agora escritora Elena Gallego Abad