FOTOGALERÍA | As aulas volven cobrar vida co inicio dun novo curso

FOTOS: Iván Iglesias.

O curso 2022-23 xa está en marcha. Os alumnos volveron a echer as aulas despois duns meses de merecido descanso. As máscaras e as retricións pola covid xa quedan atrás e os estudantes retoman as clases coa normalidade doutros tempos.

Todos os estudantes, dende Infantil ata Bacharelato, iniciaron xuntos o curso, sendo máis especial para os máis cativiños. No Colexio María Inmaculada de Verín, os nenos de 3 anos comezaron a súa etapa educativa ante uns orgullosos pais que non se perderon tan importante día para os seus fillos e algúns ata quixeron inmortalizalo en foto. No centro houbo moitos nervios, pero tamén sorisos por un novo ano que acaba de arrancar.