FOTOGALERÍA | A XIV Concentración de Vespas e Lambrettas de Verín puxo o seu broche final no Riós
Verín e Riós convertéronse esta fin de semana no epicentro das motos clásicas coa celebración da XIV Concentración Internacional de Vespas e Lambrettas, organizada polo Vespa Club Verín Val de Monterrei e consolidada xa como unha das citas de referencia para os amantes destas emblemáticas dúas rodas.
A Rúa Lisa acolleu a recepción dos participantes antes da saída dunha ruta de arredor de 70 quilómetros. A concentración contou con máis de 200 inscritos, chegados de diferentes puntos de España e tamén de Portugal, nun ambiente marcado pola convivencia, a paixón polo motor clásico e o espírito vespista.
Durante a xornada, os participantes percorreron distintos puntos da comarca e a media mañá fixeron unha parada na praia fluvial da Veiga do Seixo para coller forzas cun pequeno almorzo. A ruta rematou cun xantar de confraternidade no restaurante O Viaxeiro, no Riós, onde non faltaron risas, premios, discursos de agradecemento e algunha que outra sorpresa.