FOTOGALERÍA | Verín, Vilardevós, Oímbra ou Laza engalanaron as súas rúas polo Corpus

Alfombras florais no concello de Laza.
Motivos alusivos á guerra da Ucraína.
Tamén na Praza do Cruceiro de Vilardevós estivo presente o conflito bélico.
Traballos de decoración feitos polos veciños de Oímbra.
Así estaba esta mañá de domingo a rúa da Cruz de Verín.
A rúa Maior tamén foi engalanada.

A madrugada deste domingo, en moitos puntos de Galicia e tamén da comarca, foi máis longa do habitual. As devotas encargadas de pintar as rúas con motivos relixiosos como conmemoración da festividade do Corpus madrugaron, aínda que máis tarde tiveran que agardar a que a choiva as deixase comezar os seus traballos. 

Verín, Vilardevós, Oímbra ou Laza engalanaron as súas rúas a contra reloxo para que estiveran listas antes das celebracións eucarísticas. Non faltaron as evidentes alusións ao conflito bélico que se libra nas terras da Ucraína.