FOTOGALERÍA | Verín vibra coa Batucada 2025: música, escuma e moita troula

As Batucadas fixeron vibrar as rúas de Verín. | FOTOS: Anabel G. Simón.

A tarde do sábado 26 de xullo convertiu a Verín nunha explosión de cor e festa. A Praza García Barbón encheuse de música, escuma, auga e centos de persoas que sairon a desfrutar desta festa.

O ambiente estivo marcado polo son contaxioso dos tambores das Batucadas Queimatasas e Bloco Trifulka e da Discomóbil A Gramola que transmitiron enerxía e bo ambiente durante horas. Ritmo, escuma e alegría mesturáronse para converter Verín nunha auténtica festa que enganchou a pequenos e maiores.