FOTOGALERÍA | Verín bátese ao ritmo da Batucada entre escuma, auga e moita festa

Vilatuke, de Vilanova dos Infantes (Celanova), foi unha das batucadas que puxo ritmo á tarde. | FOTOS: Anabel G. Simón.
A outra batucada foi Bloco Trifulka, de Xinzo de Limia.
Samanta Barreira, concelleira de cultura.
Manuel Lourenzo, concelleiro de Feiras, ao mando da mangueira!
Os máis cativos desfrutaron da Batucada nun espazo seguro.
Centos de persoas reuníronse na Praza García Barbón para celebrar.
O público deuno todo con A Gramola and Friends.

A Batucada volveu converter este sábado as rúas de Verín nun auténtico escenario de música, cor e diversión. A tarde arrancou na Praza García Barbón coa tradicional Festa da Escuma e da Auga, que refrescou a centos de participantes durante dúas horas ao ritmo da animación musical de A Gramola & Friends.

Tras a festa acuática, o protagonismo trasladouse ás rúas da vila co gran desfile da Batucada, no que participaron centos de persoas entre veciños, familias e visitantes, enchendo o centro de ambiente festivo. O percorrido culminou na rúa Irmáns Moreno, escenario da tradicional Batalla de Batucadas, onde as formacións Vilatuke, de Vilanova dos Infantes (Celanova), e Bloco Trifulka, de Xinzo de Limia, ofreceron unha vibrante exhibición de percusión que fixo bailar ao público e puxo o broche de ouro a unha intensa xornada de celebración.

A Batucada volveu demostrar por que é unha das citas máis esperadas do verán verinés, combinando música, diversión e convivencia nun ambiente festivo que reuniu a centos de persoas ao longo de toda a tarde e consolidando esta celebración como un dos eventos máis destacados do calendario estival da comarca.