FOTOGALERÍA | Ninguén quixo perder a última gran feira de verán

Ninguén quixo perder a última feira de agosto. | FOTOS: Noelia Caseiro.

A pesar da calor, ninguén quixo perder a última gran feira do verán no Concello de Verín. Esta mañá, a Praza García Barbón e a Alameda estiveron ateigadas de xente dende primeira hora.

A vila segue a ter un bo número de visitantes nistes derradeiros días de agosto e as rúas son un continuo ir e vir de viandantes.