FOTOGALERÍA | O Tour infantil a carón do Támega! (e II)

Preto de 300 alumnos e as súas familias do colexio Amaro Refojo de Verín disfrutaron este xoves dunha xornada en contacto coa natureza. O centro educativo organizou unha saída en bicicleta pola ecovía do río Támega para os nenos desde 3º a 6º de Educación Primaria. Os de 1º e 2º de Primaria tamén viviron a experiencia, pero cunha “merendola” en Cabreiroá, onde foron camiñando.

Unha actividade que se realizou por motivación dos profesores de Educación Física do centro e que ten dous obxectivos clave: o primeiro é fomentar o deporte e o coidado do medio, e o segundo, “que os nenos socialicen entre eles, que parece que nos últimos tempos só falan a través dos móbiles”, explicou o persoal docente.

Ata o Amaro Refojo achegouse Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, para dar por inaugurada a xornada, acompañado pola concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Cándida Couñago, na que os pequenos pasearon pola ribeira do Támega e finalizaron comendo no parque de Cabreiroá. Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil apoiaron a marcha dando paso aos grupos coas súas bicicletas.