FOTOGALERÍA | TERRITORIO BANKSY

"Pulp Fiction" obra coa que o artista parodia a ferocidade dos personaxes de Travolta e L. Jackson. | IMAXE: Anabel G. Simón

Verín quere formar parte dese grupo de cidades que contan cunha obra orixinal de Banksy, e pese a que o noso Banksy verinense, Álex Araújo, non se queda atrás como artista, o alcalde, Gerardo Seoane, explicaba hoxe na presentación oficial do percorrido urbano "Verín, territorio Banksy", que está tramitada unha invitación ó autor orixinal das obras para que veña a pintar en Verín. 

O percorrido consiste nun museo ó aire libre cunha duración dunha hora e cuxo obxectivo principal foi a rehabilitación daqueles espazos degradados, ou fachadas abandonadas, coas obras máis representativas do citado autor. 

O alcalde facía fincapé en que "quere que a mocidade de Verín o tome como exemplo", sabe que somos un pobo de artistas e espera que Territorio Banksy sirva de inspiración e de meta sobre o xeito no que queremos embelecer a nosa vila.